domingo, 10 de enero de 2010

NON AO PECHE DE ALFAGEME





Traballadoras de Alfageme e a CGT contra o peche da fábrica
En defensa dos postos de traballo.
CGT Galiza

Hoxe, 8 de xaneiro, as traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT, concentráronse de novo na Praza de Galicia de Vilagarcía dende as 6 da tarde, en defensa dos seus postos de traballo e contra as ameazas de peche dos centros de traballo no Salnés. Durante a concentración repartiron o seguinte escrito.
As traballadoras de Alfageme e a CGT esiximos a empresa que pague os salarios de decembro e a paga extra. Tamén manifestamos a nosa vontade de defender os postos de traballo e a continuidade da actividade produtiva conserveira, ameazados polos intereses urbanísticos dos actuais propietarios de Alfageme: a inmobiliaria Promalar.
Dende moitos meses atrás a CGT ven denunciando e mobilizándose contra os Plans de empresa deseñados por Promalar, xa que poñen en perigo a continuidade da conserveira e condenan ó paro a decenas de familias do todo o Salnés.
Desgraciadamente nesa situación estamos hoxe. A ameaza da quebra da empresa está agora máis presente que nunca antes, por máis que os propietarios teñan recibido en apenas dous anos préstamos de ata 44 millóns de euros, que “alguén” saberá onde foron a parar.
Só a mobilización dos traballadores e traballadoras en defensa dos seus postos de traballo poderá frear o continuo peche de empresas e o aumento do paro ata os limites actuais, cando xa hai máis de catro millóns de traballadores e centos de familias que están sendo condenadas ó paro e a miseria.
Facemos un chamamento a toda a sociedade de Vilagarcía a que sume e apoie esta mobilización e participe connosco nas próximas convocatorias en defensa dos pobos de traballo e o tecido industrial da comarca.
¡Pola defensa dos postos de traballo!¡Contra o paro e contra os que toleran quebras de empresas máis que probablemente fraudulentas!¡Non o peche de Alfageme!
CGT – Arousa

No hay comentarios:

Publicar un comentario